D. Darío Xohan Cabana
|
¿CALES SON AS SUAS PRIMEIRAS LEMBRANZAS DO TREN?
Mentras estudaba, con 12 ou 13 anos, vivía coa miña madriña no barrio Feixó en Lugo, a vía do ferrocarril pasa pol’a Ponte Romai e cando pitaba o tren eu saía correndo para velo pasar. Esa foi a primeira vez que vin o tren.
¿LEMBRA A SUA PRIMEIRA VIAXE EN TREN?
Lembroo perfetamente, foi a principios de ano 1969, xaneiro ou febrero, eu era un rapaciño de 16 anos que empezaba a escribir. Manuel María invitoume un fin de semán a sua casa en Monforte, e fun en tren. Ese foi o meu primeiro viaxe en tren.
¿USA OU TEN USADO O TREN COMO MODO DE TRANSPORTE?
Depende do tipo de viaxe que teña que facer. As comunicacios en Galicia non son moi boas. Por exemplo para ir de Lugo a Santiago, hai que ir a Coruña e despois a Santiago, tardando máis de 2 horas e media.
|
¿QUÉ PENSA DA EVOLUCIÓN DE ESTE MODO DE TRANSPORTE?
Hay que ir a unha maior eficiencia enexétca e ecololóxica, tamén no mundo do transporte, sendo o tren, sen dúbida unha boa alternativa.
|
Darío Xohan Cabana e Fermín Avellaneda,
nun intre da entrevista
|
¿PENSA VOSTEDE QUE O FERROCARRIL FOI UN ELEMENTO IMPORTANTE PARA O DESENRROLO SOCIOECONÓMICO DE GALICIA?
Sen dúbida contribuiu moitísimo, por exemplo ó desenrolo da gandeiría a finales de século XIX e principios do XX, seica salía un tren cada día cargado de becerros, cara os mercados de Madrid ou Barcelona.
¿CÓMO VE VOSTEDE O FUTURO DO FERROCARRIL GALEGO?
Si a Humanidade ten futuro, o ferrocarril ten futuro porque ainda non se inventou un sistema de transporte terrestre máis eficaz.
|