EL TREN EN LA MEMORIA

D. Manuel Veiga Taboada, Escritor e Xornalista

 

D Manuel Veiga Taboada

¿Cáles son a suas primeiras lembranzas do tren?
O meu avó era ferroviario e lembro os asubios do tren dende a casa dos meus avós.

¿Resúltanlle gratos esos recordos?
Eu penso que, en xeral, as lembranzas da nenez  sempre son gratas porque, ademais,  o tren esperta a imaxinación vencellado as viaxes a lugares lonxanos ou de gratos recordos

¿Lembra a sua primeira viaxe en tren?
Non exactamente porque eu son usuario do tren dende moi pequeno. Pero supoño que sería algunha viaxe no ferrobús  a Lugo. Sí lembro a chegada a estación de Monforte, cando viña de Madird nas vacacións do Nadal ou verán 

     

¿Usa ou ten usado o tren como modo de transporte?
Sí, sempre que teño ocasión.


¿Qué pensa da evolución de este modo de transporte?
De acordo cos tempos, a evolución no é suficiente, para disgusto dos que preferimos o tren como modo de transporte

¿Pensa vostede que o ferrocarril foi un elemento importante para o desenrolo socio económico de Galicia?
Sí, a pesar de que chegou con notable retraso en relación con outros territorios e que non todo foi necesariamente positivo

¿Cómo vé vostede o futuro de ferrocarril galego?
Boto de menos unha mellor articulación interna que permita unha boa comunicación entre as cidades galegas

El tren en la memoria