AMAFER

Asociación Monfortina de Amigos del Ferrocarríl

seleccion premio foto 1O Comité Avaliador do Premio “Monforte ao Ferrocarril” reuniuse hoxe na sede de Amafer en Monforte, decidindo outorgar este galardón a D. José Luis Cachafeiro Vila.

Este premio, convocado pola Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), en colaboración co Concello de Monforte, a Consellería de Medio Ambiente, a Deputación de Lugo, e os colexios profesionais de Xornalistas e de Enxeñeiros de Camiños e Portos, quere recoñecer o labor de persoas ou colectivos a prol do ferrocarril en Galicia.

Despois de analizar as candidaturas presentadas, o Comité Avaliador acordou por unanimidade, outorgar o premio ó Sr. Cachafeiro Vila “pola súa acertada e decidida intervención ante o Ministerio de Fomento e as institucións europeas, conseguindo a creación dunha correcta Rede de Transporte Ferroviario de Mercadorías para Galicia, integrada na Rede Transeuropea de Transporte por Ferrocarril e, de maneira especial, a inclusión das instalacións ferroviarias de Monforte de Lemos como nodo loxístico na devandita Rede Transeuropea”

 

O premio ten carácter bienal e consistirá nunha reprodución da escultura homenaxe ós ferroviarios inaugurada recentemente en Monforte.

A comisión encargada de valorar as candidaturas, presidida polo alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, estaba integrada polos seguintes representantes das institucións e colexios profesionais colaboradores:

Mª Jesús Tejada López, Dirección Xeral de Mobilidade, Miguel Sotuela Vega, Deputación Provincial de Lugo, Xosé Manuel Pereiro Sánchez, Colexio de Xornalistas de Galicia, e Fermín Avellaneda Vázquez, Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril. A representante do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canales e Portos de Galicia, Mª Luisa Menéndez Miramontes, escusou a súa ausencia e delegou o seu voto no presidente do Comité Avaliador.

O premio entregarase en Monforte o día 15 de maio, data do aniversario da inauguración da liña ferroviaria Vigo – Monforte.

 

https://www.dropbox.com/s/oasgwccu598j0ct/Alcald%C3%ADa%20premio%20AMAFER%202.pdf