AMAFER

Asociación Monfortina de Amigos del Ferrocarríl

EL TREN EN LA MEMORIA 

Siro Portada

D.Siro López Lorenzo

Escritor y humorísta gráfico 

 

 ¿CALES SON AS SUAS PRIMEIRAS LEMBRANZAS DO TREN?

Os da estación de Ferrol, a finais dos anos coarenta, cando iamos esperar -porque había que esperar e case sempre moito- ao meu irmán, 21 anos maior ca min, que viña de Madrid a pasar as vacacións na casa familiar. Iamos todos: meus pais, miña irmá, meu cuñado e eu; emocionados como se viñese do Tibet e cando oiamos o pitido do tren e o viamos achegándose, a miña nai e a miña irmá enxugaban as bágoas. Non sei para que, porque en canto baixaba meu irmán do tren volvían chorar mentres duraban os bicos e as apertas.

¿RESÚLTANLLE GRATOS ESES RECUERDOS?

Claro que si. Moito. A estación de tren era para min e os meus amigos un lugar máxico. A propia estrutura da estación, co reloxo, a campá... facíanos evocar as películas de vaqueiros ou de misterio. O xefe de estación co uniforme, a bandeirola e o pito, parecíanos un personaxe heroico; e o mesmo o garda agullas. Coñeciamos polo nome ou o alcume áos mandadeiros e mandadeiras; algúns popularísimos, como Maruja Racú. De todo iso tratei en varios artigos dunha serie que se publicou na edición de Ferrol de La Voz de Galicia, todos os sábados durante cinco anos. Aquelas estadías na estación de ferrocarril son dos recordos máis vivos que gardo da miña infancia.

¿LEMBRA O SEU PRIMEIRO VIAXE EN TREN?

Non con precisión, pero foi, sen dúbida, de Ferrol a Cabanas, a carón de Pontedeume. Leváronme a miña irmá e o meu cuñado para pasar o día na praia da Magdalena, que daquela aínda tiña casetas para os bañistas, como tantas veces e tan marabillosamente a pintou o gran Antonio Tenreiro.

¿USA OU TEN USADO CON FRECUENCIA O TREN COMO MODO DE TRANSPORTE?

Non moito, pero fixen viaxes moi divertidos e moi importantes para min. Curioso foi o de 1973 de Ferrol –onde eu vivía- a Ourense, para montar unha exposición de caricaturas que a miña muller e eu levabamos, enmarcadas con moldura fina, en dúas maletas enormes, e dar unha conferencia. Saímos de Ferrol ás 7 da mañá e cobráronnos un sobreprezo porque o tren era moi rápido. Debía de selo porque chegamos a Monforte moi cedo. O malo foi que o enlace chegaba ás 5 da tarde e era un tren vello e lentísimo, que viña cheo de xente. Non parecía caber ninguén máis, pero foron amabilísimos e fixéronnos sitio a nós e ás maletas. Durante bastante tempo viaxamos como sardiñas en lata, pero por fin chegamos a Ourense co tempo xusto para colgar a exposición e dar a conferencia.

¿QUÉ PENSA DA EVOLUCIÓN DESTE MODO DE TRANSPORTE?

Non coñezo a evolución do tren en España, pero teño a impresión de que sempre foi desigual. Dígoo porque nos anos setenta aínda había trens terceiro mundistas; despois foron mellorando lentamente e nos últimos anos hainos moi bos e outros non tanto. Xa digo que pode ser unha percepción errónea, porque falo máis por intuición que por información. O que é innegable é que hai viaxes en tren comodísimos –de A Coruña a Ourense, por exemplo- que cada vez contan con máis pasaxeiros. Eu téñome que mentalizar de que ás veces non paga a pena coller o coche.

¿PENSA VOSTE QUE O FERROCARRÍ TEN SIDO UN ELEMENTO IMPORTANTE PARA O DESENROLO SOCIO ECONÓMICO DE GALICIA?

Non tanto como debera, pero si, claro que si. Cando a primeira locomotora chegou a Ourense, Curros Enríquez adicoulle un poema no que a convertía en símbolo do progreso. Iso era en 1881, pero o tren tivo sempre boa sona en Galicia. Cando se empezaba a construír a Autopista do Atlántico, había quen vía nela unha coitelada que dividiría a Galicia e crearía maiores diferencias sociais; e mentres poñían petardos á maquinaria da Autoestrada, daban como alternativa para un desenvolvemento racional de Galicia unha rede de ferrocarril con tramos curtos, que vertebrara o país. A A6 non fixo mal ningún, senón todo o contrario, pero ao tren témoslle unha especial querencia.

¿COMO VE VOSTEDE O FUTURO DO FERROCARRÍL GALEGO?

Non teño nin idea, nin creo que o saiba ninguén. O pandeiro está en mans de políticos e xa se sabe que, con políticos por medio, todo é incertidume. A ver que pasa en 2020. Daquela saberase se hai vontade de mellorar os accesos a Galicia, ou se todo é “parole, parole, parole”.

Siro Pi de pgina

Siro López Lorenzo en un momento de la entrevista