CONCURSO LITERARIO SOBRE O FERROCARRIL

 

Pulsa para ampliar
1- A Asociación do Ferrocarril (A.M.A.F.E.R.) en colaboración coa Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos e RENFE Ave- Larga Distancia, convoca o CONCURSO LITERARIO: “125 ANOS DE FERROCARRIL”.

2- As obras deberán ser orixinais inéditos e o tema centrado no ferrocarril, podendo utilizar os dous idiomas oficiais de Galicia.

3- A extensión das obras será dun máximo de 20 folios. Os traballos presentaranse mecanografados a dobre espazo e escritos por unha soa cara en follas de papel tamaño DIN-A4.

4- O prazo de presentación das obras remata o 1 de xullo de 2008.

5- Os orixinais enviaranse sen firma e con pseudónimo, indicando en sobre pechado os datos persoais completos do autor (nome, enderezo e teléfono). Todo iso remitirase en sobre pechado ao seguinte enderezo:

AMAFER

Apartado de Correos nº 2 (Estación)

27400- MONFORTE DE LEMOS

6- Non se devolverán os traballos presentados a concurso e a organización resérvase o dereito de publicar as narracións, premiadas ou non premiadas, respectando o nome do autor. Non responderá, en ningún caso, do extravío ou perda dalgún orixinal.

7- Premios:

-1º premio: Viaxe en coche cama para dúas persoas ida e volta de Monforte a Barcelona e unha dotación económica de 250 euros.

-2º premio: Viaxe en coche cama para dúas persoas ida e volta, de Monforte a Barcelona e unha dotación económica de 150 euros.

As viaxes non serán, en ningún caso, substituídas por diñeiro e terán que realizarse nos 90 días seguintes á data de publicación da decisión do xurado relativa aos premios.

8- O Xurado estará formado por persoas especializadas e a súa composición darase a coñecer no momento de publicar a decisión relativa ao premio. O seu veredicto será inapelable.

9- A decisión do Xurado darase a coñecer o día 30 de agosto de 2008.

10- A participación no concurso implica a conformidade e aceptación das bases, cuxa interpretación corresponde ao xurado, así como calquera outra circunstancia non prevista.

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL